Información adicional

  • dataevento: Sábado, 24 Mayo 2014
  • lugarevento: Seminario Diocesano

Encontro: "Un día no Seminario"

O ano pasado iniciouse no Seminario de Lugo unha experiencia de encontros, dirixidos a presentación do Seminario Menor a posibles futuros candidatos, que poidan ser alumnos no futuro. Este ano fixeron coincidir o Encontro cun día en que todos os seminaristas están no Seminario, de modo que o grupo que veña ó Encontro integrarase nun sábado normal do Menor, aínda que será evidentemente unha xornada especial. Só así se consigue amosar o que o Seminario é: ante todo unha comunidade de mozos en camiño de formación cristiana e discernimento vocacional, e non só un edificio e unhas instalacións, aínda que estas sexan moi atractivas. Este Encontro terá lugar o sábado 24 de maio de 11:00 a 17:00 no Seminario Diocesano.

 

Ningún posible candidato ó Seminario Menor debe quedar sen esta posibilidade por razóns económicas. Por se o coste na ESO (para o BAC pódese pedir a beca), estudiarase cada caso e proporcionaranse as axudas necesarias para que ningún xoven, que podería facer no Seminario o camiño da súa formación integral, se quede fora. Existen xa seminaristas, do Menor e tamén do Maior, que están sendo axudados total ou parcialmente  pola diocese, polas súas parroquias ou por outras canles.