Información adicional

  • dataevento: Miércoles, 10 Septiembre 2014
  • lugarevento: Seminario Diocesano

Segundo Cursiño de Ingreso e Selección Curso 2014-15

 

Os días 10, 11 e 12 de setembro de 2014 terá lugar o segundo Cursiño de Ingreso e Selección para o curso 2014-2015, no que participarán todos os candidatos a seren alumnos do Seminario Menor que presenten as solicitudes durante os meses de xullo, agosto e primeira semana de setembro. As solicitudes poden ser descargadas da páxina web ou retiradas e entregadas na recepción do Seminario Diocesano (ou utilizando calquera das outras posibilidades: web, email, fax).

Nos últimos días de agosto, cando reabra a recepción do Seminario Diocesano, comezarán as entrevistas individuais aos candidatos e familias que vaian presentando as solicitudes ata ese momento. A entrevista inclúe, ademáis do diálogo e da presentación do proxecto e ideario do Centro, unha visita guiada ás instalacións.