Información adicional

  • dataevento: Miércoles, 18 Noviembre 2015
  • lugarevento: Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense)

O Seminario Menor visita Galiciencia

Por vez primeira o Seminario Menor Diocesano participa en Galiciencia neste curso 2015-2016 con dous proxectos: 

- 4ºESO: Xeradores eléctricos

- 1ºBAC: Cámara de neboa

¿Que é a Galiciencia?

A Galiciencia é a maior feira científica de Galicia Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18,19 e 20 de novembro. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores. Arredor dela, organízanse tamén actividades paralelas, como talleres e espectáculos, relacionadas co Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz.

Esta feira científicade xóvenes talentos innovadores cumpre nesta edición 10 anos. Na páxina web de Galiciencia (www.galiciencia.com) pódese consultar toda a información referente á mesma. O Seminario Menor visitará a exposición de proxectos o mércores 18 de novembro pola mañá. 

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com