Uns criterios e obxectivos pedagóxicos claros son fundamentais no proxecto educativo do Seminario Menor.
Obxectivos formativos xerais:
- Poñer ao seminarista no centro do sistema educativo. El é o primeiro responsable do seu proceso educativo e formativo.
- Afondar no clima de familia que constitúen seminaristas, pais, profesores e formadores.
- Respecto, acollida, aceptación.
- Actitudes colaboradoras.
- Acadar un ambiente de traballo, esforzo e rendemento entre toda a comunidade educativa.
- Fomentar a vida persoal e comunitaria, asentada nos valores humanos tales como a orde, a puntualidade, o silencio, a sinceridade, o amor á verdade, a xustiza…
- Chegar a vivir un clima cristián:
- Cultiva-las actitudes propias da fe: confianza, amor ao próximo, fraternidade...
- Adquirir e interiorizar hábitos cristiáns: sacramentos, oración...
- Desenvolver o servizo de formador–titor como ponte entre a fami lia, o claustro e o seminarista.
- Educar coa presenza, co exemplo e co gozo de facer ben as cousas.
- Desenvolver con atención personalizada as capacidades e necesidades dos seminaristas.
Obxectivos do bacharelato
Desenvolver a personalidade mediante o cultivo dos dons e cualidades persoais.
Cultivar a amizade, a harmonía persoal, a afectividade e outras dimensións que dean sentido á vida e dinamicen a personalidade
Asumir a formación intelectual como un compromiso de crecemento persoal, social e cristián.
Seguir a Xesucristo na comprensión da vida, na forma de establecer relacións e na transformación da realidade desde o comunitario.