Información adicional

  • dataevento: Domingo, 16 Setembro 2018
  • lugarevento: Seminario Diocesano

Presentación do Curso 2018-2019

O domingo 16 de setembro tivo lugar a presentación do Curso 2018-2019 no Seminario Menor, que ten por lema "Aquí estou!". No encontro coas familias e os seminaristas deuse a coñecer o conxunto de elementos que configurarán este ano académico. Entre as novidades cabe salientar:

- A continuación da experiencia da xornada única, modificando o día de clase pola tarde aos luns, e engandindo a continuación as actividades extraescolares.

- A modulación da oferta polas tardes para os mediopensionistas, deixando aberto ao diálogo con cada familia a elección de qué actividades das que se propoñen pola tarde son do seu interese e desexan que os seus fillos tomen parte nelas.

- O cambio do servizo de cociña, que agora asume a empresa AUSOLAN (www.ausolan.com). 

A Apertura Solemne de Curso terá lugar a tarde do domingo 30 de setembro, a partires das 17:00 h.