Información adicional

  • dataevento: Martes, 04 Novembro 2014
  • lugarevento: Seminario Diocesano

Eucaristía polos defuntos do Seminario Diocesano

O próximo martes día 4 de novembro, ás 18:45 h. na Capela Maior terá lugar a Eucaristía polo eterno descanso de tódolos defuntos do Seminario Diocesano de Lugo: Bispos, Reitores, Formadores, Profesores, Seminaristas, Persoal e Benfeitores, así como polos familiares defuntos dos actuais membros da Comunidade Educativa que finaron no último ano. 

 

Están invitados a participar na celebración eucarística tódolos que fan parte diariamente da vida e misión do Seminario nas diversas realidades formativas que o conforman, e tamén todos os amigos do Seminario Diocesano que quieran unirse a este momento de oración agradecida e confiada ao Señor da vida e da morte, para confesar a fe na Resurrección e na Vida eterna.