biblioteca-seminario-lugo

 

 

entrada-biblioteca

GALERÍA DE IMAXES

Biblioteca

Horario de apertura ó público:
Pola mañán, de 11 h. a 14 h.
Pola tarde; de 16 h. a 19 h.
(entrada gratuíta)

Contacto:
Correo electrónico:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono: 982 220 100
Fax:982 220 150
Dirección:
Seminario Diocesano
Rúa Anxo López Pérez, s/n
27002 Lugo

A Biblioteca do Seminario constitúe, sen dúbida, un dos bens culturais de maior relevancia da provincia de Lugo. Conta cuns 100.000 exemplares de notable calidade e valor bibliográfico.

O fondo máis antigo da mesma está formado pola Biblioteca Episcopal da que foi autor o bispo Armañá (s. XVIII). A este fondo hai que engadirlle o do bispo Balanzá (s. XIX) e partes moi significativas de donacións de persoeiros ilustres.

A sé da Biblioteca é o Seminario Diocesano. Encárgase da súa xestión un bibliotecario xunto cun Consello da Biblioteca, formado por oito profesores do centro.

A Biblioteca é de titularidade privada anque o seu uso é público e gratuíto. Abonda con facerse socio da mesma e dispoñer do carnét gratuíto correspondente.

A biblioteca do Seminario de Lugo é unha das más antigas de Galicia. As súas orixes remóntanse ás primeiras bibliotecas episcopais da alta Idade Media. Nela atópanse moitos volumes de incalculable valor histórico debido a que son únicos.

A Biblioteca publica a revista LVCENSIA, unha miscelanea de Cultura e Investigación que agrupa traballos de diverso xénero relacionados coa provincia de Lugo e a Diocese lucense.

Os fondos bibliográficos albergan unhas 20.000 fichas de libros de toda índole pero sobre todo relacionados coas letras, o dereito, a historia, as humanidades, a psicoloxía, filosofía e a teoloxía.

As materias mellor representadas son as que se refiren ás ciencias eclesiásticas, teoloxía, escritura, dereito, historia eclesiástica e filosofía pero non debemos excluir outras ramas do saber como medicina, obras que foron expostas nun congreso internacional de Madrid.

Tamén conta con libros de ciencia. No Seminario de Lugo comenzou a súa andadura coma sacerdote e coma científico o ilustre Ramón Mª Aller, un dos poucos científicos españois e galegos do século XIX recoñecidos mundialmente pola súa laboura no terreo da astrofísica.