portada-seminario-lugo
×

Noticia

EU e-Privacy Directive

This website uses cookies to manage authentication, navigation, and other functions. By using our website, you agree that we can place these types of cookies on your device.

You have declined cookies. This decision can be reversed.

GALERÍA DE IMAXES

CANALMULTIMEDIA

No video? Get the DivX browser plug-in for Windows or Mac

QUEN SOMOS

No Seminario Menor pódense cursar as distintas etapas do Ensino Secundario Obrigatorio "ESO" e tamén do Bacharelato polas vías de Humanidades e CC Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.
O Seminario Menor é unha comunidade educativa diocesana erixida polo Bispo segundo as normas da Santa Sé para cultiva-los xermes de vocación sacerdotal de quen, en curta idade, presentan indicios desta vocación e se inclinan polo sacerdocio diocesano secular (PFSMe 6).

Ten un Plan Propio de Formación (CEE) que abarca distintas dimensións do desenvolvemento humano: intelectual, emocional, comunitario, cristián e vocacional.
 
Os valores dos que fai gala o Seminario axudan non só a descubrir o cristianismo coma un xeito de vida profundo e enriquecedor senón que preparan á persoa cara unha vida social, profesional e familiar íntegra.

Intentamos:
  • Proporcionar unha formación completa.
  • Acompañar cos medios necesarios para o crecemento harmónico.
  • Axudar no discernimento vocacional para unha elección profesional responsable.
  • Facilitar o proceso de maduración para que poidan ingresar no Seminario Maior Diocesano.
E para elo dispoñemos de:
  • Un proxecto Educativo avaliado pola Conferencia Episcopal Española e adaptado á nosa realidade.
  • Un claustro de profesores de tódalas idades e especializacións.
  • Un equipo personalizado de formadores e titores
  • Un equipo de orientación
  • Un edificio novo coas mellores calidades que responden a tódalas esixencias formativas:
  • Biblioteca de mais de 100.000 volumes.
  • Residencia para 60 alumnos con habitacións individuais e tódolos servizos.
  • Espazos amplos para o estudo comunitario.
  • Salas de lectura, medios audiovisuais, informática, etc.
  • Pistas deportivas exteriores.
  • Polideportivo cuberto e calefactado con todos os servizos.
  • Capelas por niveis cunha atención relixiosa adaptada ás idades.
  • Salón de actos.
  • Salón de xogo.
  • Laboratorios, talleres, aula de música, libraría...
Con actividades extraescolares complementarias:

  • Informática
  • Voleibol
  • Balonmán
  • Coro
  • Guitarra
  • Órgano
  • Teatro
  • Convivencias e retiros.
 
Ven e verás!
JSN Boot template designed by JoomlaShine.com