- intelectual,
- emocional,
- comunitario,
- cristián,
- vocacional.
Intentamos:
Proporcionar unha formación completa.
Acompañar cos medios necesarios para o crecemento harmónico.
Axudar no discernimento vocacional para unha elección profesional responsable.
Facilitar o proceso de maduración para que poidan ingresar no Seminario Maior Diocesano.
A vocación ao ministerio sacerdotal constitúe non o fin único, pero si o último de todo o proceso educativo.
O fin do noso proxecto educativo é axudar e acompañar aos seminaristas para que sexan capaces de vivir responsablemente o seu proxecto persoal de vida que inclúa, tamén, a resposta vocacional ó sacerdocio.
O Seminario Menor de Lugo, polo seu Proxecto Educativo e facendo uso do dereito que lle asiste, selecciona aos seus alumnos segundo as aptitudes do candidato, as actitudes da familia, os informes que o acompañan do centro educativo de procedencia e os do Párroco respectivo (Síntese do Proxecto Educativo do Centro).