DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- A) Fotocopia DNI do fillo
- B) Focopia boletín de notas
- C) Folla solicitude reserva de plaza
Descargar - D) Folla de identificación parroquial
A folla de identificación parroquial debe ser cuberta polo PÁRROCO
PROCESO DE INGRESO
- Presentación da Solicitude no Seminario.
- Entrevista co candidato e os seus pais. Diálogo sobre a elección do Centro, o seu proxecto educativo e visita ás instalacións
- Participación nun dos cursiños de ingreso en réxime de internado ou nun so día (independentemente da modalidade desexada de pertenza ao Seminario para o curso, no caso de ser admitido). O cursiño pretende unha presentación rápida e concentrada dos elementos esenciais da vida do Seminario.
- Test de coñecementos e habilidades académicas.
- Test de pesonalidade / valoración sicolóxica.
- Intervención académica-formativa.
- Proba obxectiva final.
- Valoración global de:
Os apartados anteriores
A capacidade para desenvolver unha convivencia adaptada
O desexo e vontade eficiente de integrarse no Centro
A positiva integración dos valores e significantes do Centro
O compromiso de cumprir con toda a programación do Centro