×

Noticia

EU e-Privacy Directive

This website uses cookies to manage authentication, navigation, and other functions. By using our website, you agree that we can place these types of cookies on your device.

You have declined cookies. This decision can be reversed.

Suspensión da actividade lectiva - Coronavirus

Estimadas familias:

a Xunta de Galicia ven de decidir a suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días, como medida preventiva ante a pandemia de Coronavirus CoVid-19. A medida é obrigatoria a partires do próximo luns 16 de marzo e recomendada xa a partires de mañá, venres 13.

O Seminario suspende, pois, toda a actividade lectiva e extraescolar dende este mesmo momento, de xeito que durante a tarde de hoxe -ou durante o día de mañá nos casos necesarios- todos os alumnos residentes poidan regresar ás súas casas. Os non residentes xa dende esta mesma tarde.

Cando teñamos máis indicacións da Consellería de Educación sobre cómo xestionar este tempo sen clases (como continuar as materias, en qué situación quedan as avaliacións, etc.) informaremos dos procedementos a seguir.

Reiteramos o noso desexo de unha pronta superación desta crise sanitaria, que será posible só coa colaboración de todos, coa observación das medidas de hixiene e das demáis indicacións das autoridades públicas.

Como cristiáns, afrontemos estos días con esperanza e responsabilidade, e con un recordo especial para os enfermos e as persoas máis vulnerables.

Un saúdo a todos.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com