×

Noticia

EU e-Privacy Directive

This website uses cookies to manage authentication, navigation, and other functions. By using our website, you agree that we can place these types of cookies on your device.

You have declined cookies. This decision can be reversed.

Eucaristía de Apertura do Curso Académico 2020-2021

Achegamos a invitación á Eucaristía coa que, neste particular comezo do Curso Académico 2020-2021, celebraremos a Apertura das actividades académicas xa en marcha nos distintos Centros formativos con sede no Seminario Diocesano. Terá lugar o próximo venres 2 de outubro, ás 13:00 h., na Capela Maior do Seminario Diocesano, atendendo ás indicacións de aforo e ás demáis medidas de seguridade. 
Por desgracia, este ano vémonos na obriga de suspender o habitual programa das nosas Aperturas de Curso: Acto Académico, Brindis polo novo curso... polas dificultades de asegurar os aforos e respectar todas as indicacións de seguridade sanitaria. Mantemos tan só, principalmente para os alumnos, familiares e profesores, a celebración da Eucaristía, ao remate da cal, coa entrega das mencións académicas do Curso 2019-2020, quedará inaugurado o Curso 2020-2021.
Con todo, queremos facer partícipes deste día a todos os habituais invitados da Apertura de Curso no Seminario Diocesano, para que, aínda que non poidan acompañarnos presencialmente, se unan a nós na distancia. Esperamos que, en futuras ocasións e se as circunstancias melloran, teñamos novos momentos de encontro e celebración festiva. 
JSN Boot template designed by JoomlaShine.com