Maqueta do edificio do Seminario

Temos que agradecer a D. Xosé Vázquez Soengas esta preciosa maqueta do Seminario. Sobre todo porque D. Xosé ten unha vontade de ferro e un corazón de ouro. Cos seus 85 anos é coidador dunha persoa completamente dependente e aínda saca tempo e humor para facer cousas tan fermosas coma esta. Grazas