Xornada de portas abertas o día 24 de maio

O sábado, 24 de maio, ás 11:30 terá lugar no Seminario Diocesano unha xornada de portas abertas para que todos os interesados poidan compartir connosco un bo rato. Coñecer o Seminario non só consiste en visitar o edificio senón que se trata de apreciar o que fan as persoas que lle dan vida a esta Institución. 

 

As familias interesadas no Seminario dispoñen dunha boa ocasión para valorar a súa decisión. Os factores que nos diferencian doutros centros educativos están á vista: insistimos na educación en valores cristiáns, na calidade pedagóxica, no trato persoal individualizado, na convivencia responsable e na planificación vocacional.

As persoas interesadas en estudiar no Seminario deben saber que as razóns económicas non son un impedimento. Os prezos están reducidos pola metade doutros centros privados e, en caso de necesidade xustificada, o Seminario proporciona axudas para que ningún xoven bo se quede fóra.

Ao mesmo tempo que ten lugar este xesto de "portas abertas", o mesmo sábado 24 de 11:00 a 17:00 h. os rapaces futuros posibles alumnos do Seminario, teñen a ocasión, poñéndose en contacto coas súas parroquias, de compartir unhas horas de convivencia cos seminaristas menores nun encontro que leva por título "Un día no Seminario". A inscripción realízase a través dos párrocos respectivos, que os poden tamén acompañar nesta experiencia.

 

Agardamos, familias e rapaces, a vosa visita o día 24. Animádevos !