Primeiro Cursiño de Ingreso e Selección para o curso 2014-15

Os días 25, 26 e 27 de xuño tivo lugar no Seminario Menor o primeiro Cursiño de ingreso e selección para o curso 2014-2015, no que participaron todos os rapaces que presentaron solicitude de admisión ata o mes de xuño, que previamente foron entrevistados coas suas familias de modo individual nas semanas previas ao cursiño. Comezou ás 11 da mañá do mércores 25 e rematou á mesma hora do venres 27, tendo lugar a continuación o encontro individualizado con cada familia para comunicar a decisión de admisión, que foi positiva nun 75 % dos candidatos. 

Durante os días do cursiño ten lugar unha presentación veloz dos elementos fundamentais da vida do Seminario Menor: clases e encontros cos profesores, momentos relixiosos, deporte, convivencia... Tódolos candidatos viven durante o cursiño en modalidade de residentes, independentemente de cal sexa despois a súa opción durante o curso, no caso de seren admitidos. 

A finalidade última destos días é o coñecemento mutuo, do candidato respecto do Seminario e das persoas que o conforman e fan posible, e dos Formadores e Profesores do Seminario respecto dos candidatos. Sobre a base das distintas probas académicas, dos cuestionarios, da observación da adecuación ao centro e do diálogo personal con cada solicitante tómase a decisión sobre a admisión, sempre partindo da base do desexo positivo do candidato a ser alumno do Seminario. 

En setembro terá lugar un novo cursiño de ingreso e selección, para o cal é posible xa presentar as solicitudes na recepción do Seminario ou polos outros medios de contacto (fax, email, correo ordinario). O impreso pode ser retirado na recepción do Seminario ou desgargado directamente da web, na sección "Matrícula".