Apertura do Curso Académico 2014-2015

O venres 26 de setembro de 2014, a partires das 17:00 horas, terán lugar os actos de Apertura Solemne do Curso Académico 2014-2015 no Seminario Diocesano e nas realidades que desenvolven a súa actividade nas instalacións do Centro: ademáis do Seminario Menor e Maior, o Instituto Teolóxio Lucense e a Extensión de Lugo do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas a distancia San Dámaso. 

Os actos da Solemne Apertura comezarán ás 17:00 h na Capela Maior do Seminario coa Eucaristía votiva do Espírito Santo, que presidirá o Exmo. e Rvdmo. Sr. Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco. A continuación, ás 18:00 h na Aula Magna terá lugar o Acto académico: lectura da memoria do Curso 2013-2014, palabras de apertura do presente curso 2014-2015 e a primeira Lección do novo curso, a Lección inaugural, que este ano corresponde a un profesor do Seminario Menor, D. Roberto Pedrouzo. Lic. en CC da Actividade Física e do Deporte e profesor de Educación Física no Seminario Menor, disertará sobre "Relixión e Deporte". 

Os actos rematarán cun brindis polo novo curso no comedor do Centro.