Peregrinación a Terra Santa - Xullo do 2015

O Seminario Diocesano peregrina a Terra Santa no verán do 2015

Son varias as peregrinacións a Terra Santa e Xordania organizadas dende diversas realidades da diocese nas últimas épocas. O Seminario, sen embargo, non puido participara ata o momento en ningunha, especialmente porque adoitan coincidir con datas no medio do curso académico, inviables para seminaristas maiores ou profesores.

Por esta razón, se Deus quixer, no próximo mes de xullo, do luns 13 en adiante, temos intención de achegarnos en peregrinación a Terra Santa, co desexo de que a visita aos lugares que coñeceron a vida histórica de Xesús nos axude a facer hoxe e mañá o camiño da formación e da vocación con maior gozo e confianza.

A peregrinación está aberta a tódolos amigos que queiran acompañarnos, pero as prazas son limitadas e hai xa un grupo conformado. Tendo en conta as necesidades organizativas, é preciso facer as reservas antes do 4 de maio, en principio.

A peregrinación ten duas modalidades: unha básica que, como se aprecia no documento explicativo, se circunscribe a Israel (do 13 ao 19 de xullo), e unha extensión opcional a Xordania (19-22 de xullo).