1. METODOLOXÍA
1.1. Ó principio de cada unidade farase:
a. Unha introdución relacional.
b. Repaso dos conceptos previos necesarios.
c. Actividades de repaso, si fose necesario.
1.2. No desenvolvemento da unidade, irase alternando:
a. Adquisición de novos coñecementos
b. Exercicios e problemas relacionados cos mesmos.
c. E o final da unidade, faranse actividades mesturadas de toda a unidade, para que o alumno consolide e comprobe os coñecementos acadados.
1.3. Para a adquisición dos novos coñecementos pódense combinar varios métodos:
a. Explicación directa.
b. Consulta no libro por parte do alumno.
c. Aprendizaxe por descubrimento, etc.
1.4. O profesor garantirá que os alumnos coñezan a resolución correcta de tódalas actividades propostas e aclarará calquera dúbida relacionada con elas.
1.5. O desenvolvemento das clases farase de forma activa e participativa, tratando na medida do posible, que sexan os alumnos os que expoñan a resolución das actividades, presenten alternativas, comentarios, etc.
1.6. As actividades do caderno presentaránse:
a. A data, as preguntas (ou a paxina e nº de exercício), en cor negra.
b. As respostas en lápis, ou cando sexa requerido, en cor azul.
c. As correccións do profesor, en cor vermella.
2. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
2.1. Probas: Mínimo dúas por avaliación.
2.2. Lista de control de
a. Actividades, caderno (rendemento)
b. Disposicións básicas (comportamento)
c. Desenvolvemento na clase (actitude ante a materia, traballo, etc)
d. Actividades avaliables. (Aquelas que o profesor anuncie previamente que van ser cualificadas, e que poden consistir na resolución de exercicios no taboleiro, recollida de exercicios por escrito, etc.)
2.3. Exames de recuperación
a. Na primeira e segunda avaliación, un exame de recuperación por avaliación con posterioridade á mesma, excepto nas materias que sexan de avaliación continua.
b. A fin de curso, un exame de recuperación final de cada avaliación suspensa.
3. BAREMACIÓN
A cualificación de cada alumno en cada avaliación obterase a partir dos seguintes aspectos recollidos no caderno do profesor:
3.1. Notas das probas. Cada avaliación realizaranse como mínimo dúas probas. De todas elas calcularase a nota media.
3.2. Notas de clase:
a. Actividades realizadas na clase ou tarefas do caderno, serán cualificadas con dúas posibilidades: Positivo ou negativo.
b. Disposición básicas -Comportamento. Consignaranse no caderno do profesor como positivo ou negativo.
c. Desenvolvemento na clase (actitude ante a materia, traballo.) Consignaranse no caderno do profesor como positivo ou negativo
En cada avaliación, as notas da clase (actividades, disposicións básicas e actitude) poden subir ou baixar un máximo de dous puntos sobre a nota media dos exames, de xeito que si fosen todos positivos subirían dous puntos e se fosen todas negativos baixarían dous puntos.
Para o cálculo do que sube cada Positivo e baixa cada Negativo, divídese 2 (puntos) entre o numero total de positivos ou negativos rexistrados. A nota resultante será redondeada ao enteiro máis próximo.
A nota da avaliación será o resultado de calcular a nota media de todos os exames do trimestre e sumarlle ou restarlle o resultado das notas da clase.
4. RECUPERACIÓN DE AVALIACIÓNS SUSPENSAS
4.1. Despois da 1ª e 2ª avaliación realizarase un exame de recuperación para os alumnos que levaran menos dun 5 no boletín de cualificacións.
4.2. Para o cálculo da nova nota da avaliación, tomarase a puntuación deste exame e sumaráselle ou restaráselle o resultado das notas da clase obtidas ó longo do trimestre.
4.3. Ós devanditos exames de recuperación tamén poderán presentarse todos aqueles alumnos que desexen subir a nota da avaliación, tendo en conta que a nota resultante substituirá a acadada anteriormente tanto si é máis alta como máis baixa.
5. CUALIFICACIÓN FINAL
5.1. Unha vez rematada a 3ª avaliación, se a cualificación en todas as avaliacións é como mínimo de 3, calcularase a nota media entre as tres notas de avaliación. Se o resultado (redondeado) e de 5 ou máis, esta será a nota final.
5.2. En caso contrario, o alumno debera volverse examinar (no exame de recuperación final) de todas aquelas avaliacións nas que teña unha nota de avaliación inferior a 5.
5.3. Despois de este exame volverase facer o mesmo calculo e, se é superior (obtendo un mínimo de 3 en todas as avaliacións), esa será a nota final.
5.4. Casos particulares:
a. No caso dos alumnos que obteñan unha nota final extremadamente baixa, contemplase a posibilidade de asignarlles ata un máximo de 2 puntos a criterio do profesor en función da actitude e do esforzo amosado polo alumno á longo do curso.
b. Para os alumnos de Bacharelato poderase redondear a nota final ó seguinte enteiro sempre que o profesor o considere xusto a fin de contribuír a aumentar a nota media do alumno.
6. COMPETENCIAS BÁSICAS
A competencia básica é a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas. O concepto de competencia inclúe tanto os saberes como as habilidades e as actitudes e vai máis alá do saber e do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar.
Considéranse as seguintes competencias básicas:
a. Competencia en comunicación lingüística
b. Competencia matemática
c. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
d. Tratamento da información e competencia dixital
e. Competencia social e cidadá
f. Competencia cultural e artística
g. Competencia para aprender e aprender a aprender
h. Autonomía e iniciativa persoal