pedagoxicos
×

Noticia

EU e-Privacy Directive

This website uses cookies to manage authentication, navigation, and other functions. By using our website, you agree that we can place these types of cookies on your device.

You have declined cookies. This decision can be reversed.

Obxectivos Pedagóxicos en ESO

Uns criterios e obxectivos pedagóxicos claros son fundamentais no proxecto educativo do Seminario Menor.

Obxectivos formativos xerais:

  • Poñer ao seminarista no centro do sistema educativo. El é o primeiro responsable do seu proceso educativo e formativo.
  • Afondar no clima de familia que constitúen seminaristas, pais, profesores e formadores.
  • Respecto, acollida, aceptación.
  • Actitudes colaboradoras.
  • Acadar un ambiente de traballo, esforzo e rendemento entre toda a comunidade educativa.
  • Fomentar a vida persoal e comunitaria, asentada nos valores humanos tales como a orde, a puntualidade, o silencio, a sinceridade, o amor á verdade, a xustiza…
  • Chegar a vivir un clima cristián:
  • Cultiva-las actitudes propias da fe: confianza, amor ao próximo, fraternidade...
  • Adquirir e interiorizar hábitos cristiáns: sacramentos, oración...
  • Desenvolver o servizo de formador–titor como ponte entre a fami lia, o claustro e o seminarista.
  • Educar coa presenza, co exemplo e co gozo de facer ben as cousas.
  • Desenvolver con atención personalizada as capacidades e necesidades dos seminaristas.

Obxectivos da estapa ESO

  • Descubrir e asumir a propia identidade persoal e formar un concepto de si mesmo obxectivo, valorando o esforzo como necesario para a superación.
  • Aprender a desenvolverse e a convivir desde o respecto, o diálogo, a flexibilidades e a participación cooperativa.
  • Valorar o estudo como enriquecemento e crecemento integral.
  • Descubrir e acoller a Xesucristo como modelo de identidade persoal, convivencia fraterna e de vida transformadora.
  • Formarse para optar vocacionalmente, vivindo a vida toda como vocación.
JSN Boot template designed by JoomlaShine.com