pedagoxicos
×

Noticia

EU e-Privacy Directive

This website uses cookies to manage authentication, navigation, and other functions. By using our website, you agree that we can place these types of cookies on your device.

You have declined cookies. This decision can be reversed.

Obxectivos Pedagóxicos no Bacharelato

Uns criterios e obxectivos pedagóxicos claros son fundamentais no proxecto educativo do Seminario Menor.

Obxectivos formativos xerais:

  • Poñer ao seminarista no centro do sistema educativo. El é o primeiro responsable do seu proceso educativo e formativo.
  • Afondar no clima de familia que constitúen seminaristas, pais, profesores e formadores.
  • Respecto, acollida, aceptación.
  • Actitudes colaboradoras.
  • Acadar un ambiente de traballo, esforzo e rendemento entre toda a comunidade educativa.
  • Fomentar a vida persoal e comunitaria, asentada nos valores humanos tales como a orde, a puntualidade, o silencio, a sinceridade, o amor á verdade, a xustiza…
  • Chegar a vivir un clima cristián:
  • Cultiva-las actitudes propias da fe: confianza, amor ao próximo, fraternidade...
  • Adquirir e interiorizar hábitos cristiáns: sacramentos, oración...
  • Desenvolver o servizo de formador–titor como ponte entre a fami lia, o claustro e o seminarista.
  • Educar coa presenza, co exemplo e co gozo de facer ben as cousas.
  • Desenvolver con atención personalizada as capacidades e necesidades dos seminaristas.

Obxectivos do bacharelato

 Desenvolver a personalidade mediante o cultivo dos dons e cualidades persoais.
 Cultivar a amizade, a harmonía persoal, a afectividade e outras dimensións que dean sentido á vida e dinamicen a personalidade
 Asumir a formación intelectual como un compromiso de crecemento persoal, social e cristián.
Seguir a Xesucristo na comprensión da vida, na forma de establecer relacións e na transformación da realidade desde o comunitario.

JSN Boot template designed by JoomlaShine.com