Plan de Convivencia do Centro

CPR SEMINARIO DIOCESANO SAGRADO CORAZÓN - LUGO (27006425)

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO


 

1. DEFINICIÓN

A aprendizaxe da convivencia é inherente a calquera proceso educativo. O aprender a convivir nos diferentes ámbitos de socialización é unha das funcións asignadas á educación. Desde xeito, o Plan de Convivencia do Colexio Seminario Diocesano de Lugo é o Documento que explicita o modelo de convivencia polo que opta o Centro, os obxectivos específicos a alcanzar, as normas que o regulan e as actuacións a realizar neste ámbito para a consecución da proposta educativa que fai o Centro. É un Documento aberto, de reflexión e pensamento que recolle as liñas de actuación para mellorar o estilo e a calidade de vida. A convivencia está configurada por:

• Os diferentes ámbitos de socialización que nela inciden: familia, sistema educativo, grupo de iguais, os medios de comunicación, espazos e instrumentos de lecer, contexto político, económico e cultural.

• Contidos de distinta natureza:

o Contidos de natureza humana: dereito á vida, paixón de vivir, dignidade, felicidade, esperanza.

o Contidos de relación: respecto, tenrura, aceptación da diversidade, a non violencia, rexeitamento de calquera forma de discriminación, solidariedade, igualdade.

o Contidos de cidadanía: os Dereitos Humanos e a xustiza social.